SIGUE: Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios

SIGUE: Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios

SIGUE é unha aplicación móbil que facilita a interacción dos pacientes e familiares cos edificios sanitarios, tanto no interior coma no exterior dos mesmos. Entre outras accións, permite:
  • A localización de centros de saúde e hospitais mailo guiado ata eles.
  • A localización de consultas e outros servizos no interior de centros de saúde e hospitais mailo guiado ata eles.
  • A consulta das citas médicas que requiran acudir a un centro de saúde ou hospital.
  • A obtención de quendas para a cita médica do día, unha vez que o usuario se atope no hospital correspondente.
  • Compartir a posición con outros usuarios da aplicación para facilitar un punto de encontro.

app_store_gal.jpg
gplay_gal.jpg